Pescanova comunica a quebra da súa filial en Chile.
Fálase
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, enfróntase a unha xornalista e ínstaa a "non darlle consellos". A traballadora preguntáballe a Wert polas críticas do seu irmán aos recortes educativos. Cóntao Público.es
A Audiencia Nacional rexeitou a petición de extradición de Suiza sobre Hervé Falciani, o informático que compartiu os datos obtidos polo seu traballo no banco para perseguir evasores fiscais
O Constitucional suspende a declaración soberanista do Parlament de Cataluña. É a primeira vez que se veta un acordo tomado por unha Cámara autonómica.
Stephen Hawking apoia o boicot académico a Israel e non participará na conferencia que organiza cada ano Shimon Peres en Xerusalén. A campaña ten a súa inspiración no boicot que se realizou durante os anos 80 para presionar o goberno sudafricano para acabar co Apartheid.
O Supremo avala que se investigue a muller de José Blanco no caso Campeón.
TVE di que rezar calma a ansiedade dos parados. A condutora do Telediario2 presentou unha reportaxe afirmando que "segundo os psicólogos achegarse a un altar pode calmar a ansiedade tras perder un traballo ou polo temor a perdelo".
Paula Prado (PP), considera, na comisión de economía do Parlamento, que a actual crise económica foi provocada por unha "política continuada de esquerdas"
O deputado Joan Coscubiela (ICV) destaca que Rajoy vén de comezar a súa réplica no debate do Congreso dos Deputados dirixíndose ao "señor presidente del Gobierno".
O deputado do PP Gonzalo Trenor equipara bater no escano do presidente, como fixo Beiras, a irromper no Parlamento "cunha pistola". Vén de facelo durante un debate na comisión de Economía.