O deputado do PP Gonzalo Trenor equipara bater no escano do presidente, como fixo Beiras, a irromper no Parlamento "cunha pistola". Vén de facelo durante un debate na comisión de Economía.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/518a195c105be-trenor.png)
O deputado do PP Gonzalo Trenor equipara bater no escano do presidente, como fixo Beiras, a irromper no Parlamento "cunha pistola". Vén de facelo durante un debate na comisión de Economía.
Cayo Lara dille a Rajoy que "non pediu o voto para pastorear a paciencia, senón para gobernar. Paciencia a quen? Ao señor Sáenz? Ás empresas do IBEX? Ás familias que non teñen emprego non se lles pode pedir paciencia". "Vostede fixo un pacto de sumisión coa Troika", afirma.
O FROB estuda limpar e vender Novagalicia Banco. Considera que non se lograrán revalorizar co tempo debido á crise, segundo conta El País.
Na súa intervención Alfredo Pérez Rubalcaba afirma que "non cremos que España poida saír da crise gastando menos en educación que a UE e que a nosa sanidade poida manter as súas prestacións de calidade gastando un punto menos que a UE"
As vítimas do franquismo declaran hoxe ante a Xustiza por primeira vez. Farano por vídeoconferencia na causa aberta contra a ditadura en Arxentina.
O Consello de redacción de Andaina envíalle unha carta ao presidente da Real Academia Galega na que denuncia o uso das formas masculinas na páxina web da RAG para os cargos que ocupan Margarita Ledo ("arquiveiro") ou Rosario Álvarez ("tesoureiro"): "Pensamos que vostedes, máis que ninguén, deberían ser conscientes da importancia da dualidade xenérica e das nefastas consecuencias sociais que trae aparellado o uso indebido das palabras"
Rajoy explica no Congreso o novo plan de reformas do Goberno: "Xa ninguén me pregunta se imos pedir o rescate. Por que xa non mo pregunta ninguén?", di. Engade que "non é un miragre que nos ofreceran até 100.000 millóns de euros nunhas condicións extraordinarias", afirma Rajoy, que defende que isto foi posible porque España "é fiable".
Os clientes con preferentes e subordinadas de NCG pechados en María Pita confían en que a súa protesta sirva para que sexan chamados á arbitraxe
IU quere que se lle garanta a cada traballador unha formación pagada ou unha renda básica para vivir. A formación concreta de cara ao debate con Rajoy no Congreso as súas medidas para xerar emprego. Entre elas, crear 100.000 postos de traballo para Dependencia e contratar 30.000 profesores e 20.000 sanitarios.
Os dereitos de 3 millóns e medio de traballadores, en vilo. O 7 de xullo remata o prazo para que patronal e sindicatos negocien uns 1.800 convenios que afectan a unha cuarta parte da poboación asalariada.