IU quere que se lle garanta a cada traballador unha formación pagada ou unha renda básica para vivir. A formación concreta de cara ao debate con Rajoy no Congreso as súas medidas para xerar emprego. Entre elas, crear 100.000 postos de traballo para Dependencia e contratar 30.000 profesores e 20.000 sanitarios.
Fálase
Os dereitos de 3 millóns e medio de traballadores, en vilo. O 7 de xullo remata o prazo para que patronal e sindicatos negocien uns 1.800 convenios que afectan a unha cuarta parte da poboación asalariada.
Aumentan as presións sobre Cameron para que convoque un referéndum sobre o abandono da Unión Europea
A Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter para conmemorar os 150 anos de Cantares Gallegos. Todos os tuiteiros están convidados a enviar os seus chíos no hashtag #rosaliasempreporque "explicando por que a súa obra sempre estará con nós"
A Policía relaciona as doazóns apuntadas por Bárcenas con contratos de administracións do PP. Adiántao a Cadena Ser.
O Ministerio do Interior di, nunha nota oficial, que "en ningún momento o ministro", Jorge Fernández Díaz, "quixo establecer unha comparación entre as persoas que deciden abortar e os terroristas etarras". Só pretendía "contestar máis tarde" á pregunta que se lle formulara, aseguran.
O deputado Jon Iñarritu (Amaiur) pregúntalle ao Goberno central polo número de controis realizados polas forzas de seguridade en Euskadi e Navarra e o Executivo responde que "os necesarios".
Niall Ferguson, profesor de Harvard coñecido polas súas teorías en defensa da austeridade, afirma que as teorías de Keynes só funcionan no curto prazo pero que a Keynes non lle importaba o longo prazo "porque non tiña descendencia e non a ia ter nunca pois era homosexual".
Jorge Fernández Díaz afirma en rolda de prensa que o aborto "ten algo que ver" con ETA, "pero non demasiado"
Beatriz Talegón acusa o 15-M de "poñerlle en bandexa o poder ao capital e ao sistema neoliberal". "Eu non son de teorías conspiratorias, pero hai quen di que detrás do 15-M pode que estea a dereita", di.