Beatriz Talegón acusa o 15-M de "poñerlle en bandexa o poder ao capital e ao sistema neoliberal". "Eu non son de teorías conspiratorias, pero hai quen di que detrás do 15-M pode que estea a dereita", di.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5188de1493b58-talegon.jpg)
Beatriz Talegón acusa o 15-M de "poñerlle en bandexa o poder ao capital e ao sistema neoliberal". "Eu non son de teorías conspiratorias, pero hai quen di que detrás do 15-M pode que estea a dereita", di.
A Audiencia de Palma anula a imputación da infanta Cristina no caso Nóos. En El Diario
Un cento de entidades de todo o mundo reclama débedas a Pescanova. Deloitte pide aos bancos 50 milllóns de euros para a empresa en concurso.
Exteriores confirma que Feijóo utilizou un coche da embaixada para facer campaña electoral en Arxentina. O senador socialista Miguel Fidalgo denuncia que estas viaxes significan unha utilización de bens públicos en beneficio do PP
Israel solicítalle a Google que non recoñeza a Palestina no seu buscador
YouTube lanzará 50 canles de pago en Estados Unidos. Estas novas canles competirán con plataformas como Netflix ou Hulu
Afectados polas preferentes participaron este xoves no pleno do Concello de Lugo. Votouse unha moción do BNG para declarar persoas non gratas os representantes do PP que apoiaron no Congreso as quitas.
O AVE entre Santiago e Ourense non chega no seu primeiro ano de actividade ao 20% de ocupación. Os sindicatos denuncian a intención de RENFE de eliminar trens convencionais a pesar de que obteñen mellores resultados.
Unha iniciativa cidadá buscará paralizar de forma pacífica a actividade de Bankia este xoves. Crearanse longas colas, ingresaranse moedas dun céntimo de forma reiterada ou lanzaranse bombas fétidas
33 das 35 empresas do Ibex operan en paraísos fiscais. Santander e BBVA encabezan a lista con 70 e 43 destas filiais, respectivamente.