Unha iniciativa cidadá buscará paralizar de forma pacífica a actividade de Bankia este xoves. Crearanse longas colas, ingresaranse moedas dun céntimo de forma reiterada ou lanzaranse bombas fétidas
Fálase
33 das 35 empresas do Ibex operan en paraísos fiscais. Santander e BBVA encabezan a lista con 70 e 43 destas filiais, respectivamente.
Agustí Bosch pregúntase en El Diario se "paga a pena" que o PSOE e o PSC manteñan as súas difíciles relacións: "creo que cada vez é máis necesario para PSOE e PSC replantear o seu modelo de convivencia para evitar que as súas inevitables discrepancias degraden o seu atractivo electoral".
O Pleno del Congreso ten previsto votar este martes unha moción presentada polo PSOE que rexeita a reforma da actual lei de prazos anunciada polo Goberno.
Suiza abre unha investigación penal sobre Bárcenas e confiscará os seus cartos se houbo branqueo ou subornos. O fiscal encargado do caso explica que analizarán as contas do extesoureiro do PP para determinar a orixe dos 38 millóns que chegou a ter en bancos suizos.
Este luns presentouse Mexi-llón, un mexilón ciclista que será a mascota da Volta a España 2013.
O Concello de Pontevedra cancelará as súas contas en Novagalicia Banco se a entidade non lles devolve os cartos ás persoas estafadas coas preferentes. Cóntao Pontevedra Viva
Xa se pode ver o vídeo da homenaxe que Stop Desafiuzamentos realizou na Coruña ante a vivenda de Antonio Erias, "nuestro gran desahuciador".
Un home suicídase en Barcelona cando ía ser desafiuzado por non pagar o aluguer.
Microsiervos publica un post que explica como escoller a fileira máis rápida no supermercado.