O Concello de Pontevedra cancelará as súas contas en Novagalicia Banco se a entidade non lles devolve os cartos ás persoas estafadas coas preferentes. Cóntao Pontevedra Viva
Fálase
Xa se pode ver o vídeo da homenaxe que Stop Desafiuzamentos realizou na Coruña ante a vivenda de Antonio Erias, "nuestro gran desahuciador".
Un home suicídase en Barcelona cando ía ser desafiuzado por non pagar o aluguer.
Microsiervos publica un post que explica como escoller a fileira máis rápida no supermercado.
O Washington Post publica unha reportaxe sobre os países que regulan que nomes se lles poden poñer aos nenos e nenas. Entre eles España, que obriga a que o nome identifique o xénero
Unha web recupera cen anos de historia do Concello de Santa Comba coa publicación de máis de 5000 fotografías.
Barreras confirma a entrada de Pemex a través dunha "achega" de capital, pero aclara que non se descontará o prezo do flotel.
O deputado de AGE Antón Sánchez comparecerá estes martes no Congreso para defender a proposta do Parlamento de Galicia para a modificación da Lei de Costas
- O deputado do PP Pedro Arias anuncia en rolda de prensa que o incendio e explosión acontecidos na súa casa de Culleredo o pasado xaneiro foron "intencionados", segundo os informes da Garda Civil
A banca abordará con Deloitte o refinanciamento da débeda de Pescanova e non descarta entrar no seu capital.