Suiza abre unha investigación penal sobre Bárcenas e confiscará os seus cartos se houbo branqueo ou subornos. O fiscal encargado do caso explica que analizarán as contas do extesoureiro do PP para determinar a orixe dos 38 millóns que chegou a ter en bancos suizos.
Fálase
Este luns presentouse Mexi-llón, un mexilón ciclista que será a mascota da Volta a España 2013.
O Concello de Pontevedra cancelará as súas contas en Novagalicia Banco se a entidade non lles devolve os cartos ás persoas estafadas coas preferentes. Cóntao Pontevedra Viva
Xa se pode ver o vídeo da homenaxe que Stop Desafiuzamentos realizou na Coruña ante a vivenda de Antonio Erias, "nuestro gran desahuciador".
Un home suicídase en Barcelona cando ía ser desafiuzado por non pagar o aluguer.
Microsiervos publica un post que explica como escoller a fileira máis rápida no supermercado.
O Washington Post publica unha reportaxe sobre os países que regulan que nomes se lles poden poñer aos nenos e nenas. Entre eles España, que obriga a que o nome identifique o xénero
Unha web recupera cen anos de historia do Concello de Santa Comba coa publicación de máis de 5000 fotografías.
Barreras confirma a entrada de Pemex a través dunha "achega" de capital, pero aclara que non se descontará o prezo do flotel.
O deputado de AGE Antón Sánchez comparecerá estes martes no Congreso para defender a proposta do Parlamento de Galicia para a modificación da Lei de Costas