Concentracións en diferentes puntos do Estado amosan solidariedade coa veciñanza burgalesa de Gamonal. Na imaxe, a mobilización de Vigo, á que se uniron traballadores do corpo de bombeiros da cidade.
Fálase
Cristina Ferreiro substituirá a Antón Bao como edil do BNG no Concello de Lugo. A voceira do Bloque no consistorio, Paz Abraira, sinala que a formación seguirá "a pé de rúa", coas eleccións europeas como un dos principais asuntos da axenda máis inmediata.
O alcalde de Burgos anuncia a paralización definitiva das obras de Gamonal e asegura agardar que así volva a "paz social" á cidade castelá.
Alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación veñen de abrir dous blogues sobre as vantaxes da transparencia e como poñela en práctica. H2O e Hablemos de ¿transparencia? nacen ao abeiro dos recentes debates sobre esta materia e a recente aprobación da lei en España.
O parlamento portugués aproba a convocatoria dun referendo sobre a adopción por parte de matrimonios homosexuais. A esquerda votou en contra e o gobernante PSD a favor da realización desta consulta, pero destacados representantes do PSD xa anunciaron que votarán a favor das adopcións.
A produción científica da USC estará accesible nun único punto en acceso aberto a través do repositorio institucional Minerva, no que se poderán consultar as coleccións bibliográficas dixitalizadas e a produción investigadora e docente, entre elas 1.200 teses de doutoramento.
O BNG súmase á querela arxentina contra o franquismo. Os nacionalistas presentarán "unha denuncia propia ante o consulado arxentino para incluír a investigación da persecución do nacionalismo como ideoloxía e dos e das nacionalistas que, cando menos, "sirva de crítica e denuncia dunha ditadura atroz", explica Xavier Vence.
O Ministerio de Exteriores pídelle a TVE deixe de emitir o polémico programa Entre todos na súa canle internacional porque dana a "marca España", segundo El Confidencial Digital.
O PP, en solitario, rexeita no pleno municipal de Burgos paralizar as obras do Gamonal. Unhas dúas mil persoas piden a dimisión do alcalde nunha manifestación convocada ante a sede do concello.
Un estudo publicado na revista Plos One analiza a correlación entre a presenza da “tristeza” e do malestar social nos libros dun determinado ano, ao longo do século XX, e a situación económica