A produción científica da USC estará accesible nun único punto en acceso aberto a través do repositorio institucional Minerva, no que se poderán consultar as coleccións bibliográficas dixitalizadas e a produción investigadora e docente, entre elas 1.200 teses de doutoramento.
Fálase
O BNG súmase á querela arxentina contra o franquismo. Os nacionalistas presentarán "unha denuncia propia ante o consulado arxentino para incluír a investigación da persecución do nacionalismo como ideoloxía e dos e das nacionalistas que, cando menos, "sirva de crítica e denuncia dunha ditadura atroz", explica Xavier Vence.
O Ministerio de Exteriores pídelle a TVE deixe de emitir o polémico programa Entre todos na súa canle internacional porque dana a "marca España", segundo El Confidencial Digital.
O PP, en solitario, rexeita no pleno municipal de Burgos paralizar as obras do Gamonal. Unhas dúas mil persoas piden a dimisión do alcalde nunha manifestación convocada ante a sede do concello.
Un estudo publicado na revista Plos One analiza a correlación entre a presenza da “tristeza” e do malestar social nos libros dun determinado ano, ao longo do século XX, e a situación económica
Un cento de dirixentes e cargos locais do PSC asinou un manifesto de apoio aos tres deputados que votaron a favor de pedirlle autorización ao Estado para convocar a consulta soberanista
El Diario publica os detalles da concesión das obras de Gamonal, "chea de irregularidades", e na que se escolleron os candidatos máis caros e non se respetou o anonimato das propostas. O construtor Méndez Pozo, que estivo no cárcere por corrupción, é o responsable de obra e como tal propón as ampliacións no orzamento.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG), anuncia que o seu concello deixará de pagarlle a Sogama a partir de marzo. Devolverá as facturas ao considerar que a Xunta incumpriu o contrato unilateralmente.
O Tribunal Constitucional suspende a lei antidesafiuzamentos de Andalucía, admitindo o recurso presentado polo Goberno central. A norma andaluza prevía expropiar tres anos as vivendas dos bancos para frear os desaloxos; ademais, banca e inmobiliarias estaban obrigadas a declarar cal é o seu parque de vivendas baleiras e a sacalas ao mercado do aluguer.
A RAG presenta varios textos inéditos de Rosalía de Castro, no que supón "un día grande para o rosalianismo". Alonso Montero anuncia tamén posibles próximas descubertas, como a dunha obra perdida que sería unha achádego "de aínda moita maior magnitude". Toda a información, esta tarde en Praza.