A RAG presenta varios textos inéditos de Rosalía de Castro, no que supón "un día grande para o rosalianismo". Alonso Montero anuncia tamén posibles próximas descubertas, como a dunha obra perdida que sería unha achádego "de aínda moita maior magnitude". Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
O Parlament de Catalunya aproba solicitar o traspaso de competencias para convocar referendos. A iniciativa tivo 87 votos a favor, 43 en contra e 3 abstencións. Está a contalo o diario Ara.
José Luis Méndez asesora un grupo hoteleiro ao que financiou con 35 millóns de euros desde Caixa Galicia, segundo publica Economía Digital. Trátase de Inversora de Hoteles Vacacionales, en quebra técnica e que segue participada por Novagalicia Banco.
Un novo caso de violencia de xénero en Tenerife fai que en só 4 días se producisen 7 asasinatos machistas no Estado.
#consellodaxunta O 2014 será o Ano da Parálise Cerebral en Galicia.
#consellodaxunta Feijóo asegura de que a Xunta lles pagou aos seus provedores nun prazo "por baixo de 30 días" durante o ano 2013
Wert proclama que "non tiña sentido" que a materia de Historia de España non se estudase con contidos idénticos en todas as autonomías, pero nega que isto sexa unha "recentralización". En La Información
Barcelona tamén multará os bancos que teñan pisos baleiros. O alcalde prevé que en dous anos haxa na cidade dous mil novas vivendas cun aluguer asequible.
A Semana Santa de Ferrol, declarada de Interese Turístico Internacional, segundo adianta Ferrol360.
O conselleiro de Educación está esta mañá citado a un acto de conciliación co BNG nos xulgados de Santiago. Os nacionalistas denunciaron a Jesús Vázquez por acusalos de "apoiar a grupos terroristas" e "non ser demócratas por rexeitar o decreto do galego", lembra o Bloque. A información, hoxe en Praza.