Wert proclama que "non tiña sentido" que a materia de Historia de España non se estudase con contidos idénticos en todas as autonomías, pero nega que isto sexa unha "recentralización". En La Información
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52d7b2f851063-2014_1_16_iy4io3lpuufyiqfid8ifh4.jpg)
Wert proclama que "non tiña sentido" que a materia de Historia de España non se estudase con contidos idénticos en todas as autonomías, pero nega que isto sexa unha "recentralización". En La Información
Barcelona tamén multará os bancos que teñan pisos baleiros. O alcalde prevé que en dous anos haxa na cidade dous mil novas vivendas cun aluguer asequible.
A Semana Santa de Ferrol, declarada de Interese Turístico Internacional, segundo adianta Ferrol360.
O conselleiro de Educación está esta mañá citado a un acto de conciliación co BNG nos xulgados de Santiago. Os nacionalistas denunciaron a Jesús Vázquez por acusalos de "apoiar a grupos terroristas" e "non ser demócratas por rexeitar o decreto do galego", lembra o Bloque. A información, hoxe en Praza.
Unha marcha de solidariedade con Gamonal acaba con catorce detidos en Madrid, entre eles un bombeiro. A manifestación de Puerta del Sol acabou ante a sede do PP en Génova.
O blog Muera la inteligencia entrevista o científico galego Xurxo Mariño, que continúa dando unha volta ao mundo. Mariño afirma que “discutir con persoas relixiosas é moito máis doado que lidiar con posmodernistas”
Un maquinista reclamou máis seguridade en Angrois 19 meses antes do sinistro. O xefe de condutores de Ourense remitiulle a un superior un informe de anomalías na liña no que pedía instalar sinais de limitación a 80 por hora, no que consideraba unha "transición de risco". ADIF sempre insistiu en que non houbera queixas ou advertencias sobre a seguridade na nova liña.
Feijóo alerta en Vilalba contra ''os que inventan unha España distinta á que une''. Ademais, reivindicou o legado de Manuel Fraga, do que dixo que é "un exemplo moi valioso para entender Galicia dentro da realidad plural de España".
Pemex prevé construír en Barreras doce barcos para a renovación da súa frota menor
El Periódico entrevista Àngel Ros, alcalde de Lleida que vén de dimitir como deputado do PSC. Afirma que "este país necesita un partido como o PSC, coun catalanismo adaptado aos novos tempos. E iso significa incorporar o dereito a decidir".