Pemex prevé construír en Barreras doce barcos para a renovación da súa frota menor
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52d7881cc20b3-pemex220.jpg)
Pemex prevé construír en Barreras doce barcos para a renovación da súa frota menor
El Periódico entrevista Àngel Ros, alcalde de Lleida que vén de dimitir como deputado do PSC. Afirma que "este país necesita un partido como o PSC, coun catalanismo adaptado aos novos tempos. E iso significa incorporar o dereito a decidir".
Os clientes do Santander poden sacar de balde o seu investimento ao pasar o 50% da súa xestora a paraísos fiscais, na illas Caimán e Bermudas
Augas de Galicia é a segunda entidade de xestión da auga con menor transparencia do Estado, segundo un estudo de Transparencia Internacional.
Pemex anuncia unha operación para comezar a "transferencia tecnolóxica" dende Barreras ao sector naval mexicano
CIG, CCOO, SAE, CESM e OMEGA denuncian en rolda de prensa "o endurecemento das politicas privatizadoras do PP" en materia sanitaria, a pesar do éxito da folga convocada no Sergas o mes pasado. Critican a "ausencia de diálogo" por parte da Xunta e anuncian novas mobilizacións.
A Xunta publica un anuncio da Consellería de "Trabajo y Bienestar" no Diario Oficial da UE no que se refire ao complexo administrativo do Goberno galego como San Cayetano
As mulleres ás que se lles nega o aborto triplican o risco de pobreza e son máis vulnerables ante a violencia machista, segundo un estudo que analiza a revista científica Materia.
O IPC sobe en Galicia tres décimas e a taxa interanual un 0,5%, superando o incremento medio no Estado. Vestido e calzado, os produtos que máis aumentan o seu importe en novembro.
A World Fishing Exhibition de Vigo cancela a súa edición 2015, por falta de tempo e capacidade para organizala. O comité executivo da cita, que durante días reúne na cidade dende hai anos ministros de pesca e empresarios de todo o mundo, está presidido polo ex conselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade.