Pemex anuncia unha operación para comezar a "transferencia tecnolóxica" dende Barreras ao sector naval mexicano
Fálase
CIG, CCOO, SAE, CESM e OMEGA denuncian en rolda de prensa "o endurecemento das politicas privatizadoras do PP" en materia sanitaria, a pesar do éxito da folga convocada no Sergas o mes pasado. Critican a "ausencia de diálogo" por parte da Xunta e anuncian novas mobilizacións.
A Xunta publica un anuncio da Consellería de "Trabajo y Bienestar" no Diario Oficial da UE no que se refire ao complexo administrativo do Goberno galego como San Cayetano
As mulleres ás que se lles nega o aborto triplican o risco de pobreza e son máis vulnerables ante a violencia machista, segundo un estudo que analiza a revista científica Materia.
O IPC sobe en Galicia tres décimas e a taxa interanual un 0,5%, superando o incremento medio no Estado. Vestido e calzado, os produtos que máis aumentan o seu importe en novembro.
A World Fishing Exhibition de Vigo cancela a súa edición 2015, por falta de tempo e capacidade para organizala. O comité executivo da cita, que durante días reúne na cidade dende hai anos ministros de pesca e empresarios de todo o mundo, está presidido polo ex conselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade.
Montse Dopico entrevista Alberto Gracia, autor de O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, o filme co que gañou o premio Fipresci no Festival de Rotterdam: “O cinismo destrutivo é o que nos levou á idea de que todo vale, á frialdade posmoderna”
A consulta que o Goberno central elevou á Comisión Europea o pasado mes de xullo sobre o dique flotante de Ferrol tivo un carácter “informal”, segundo recoñece a propia institución a unha pregunta formulada polo socialista Antolín Sánchez Presedo.
Os veciños de Gamonal manteñen as mobilizacións a pesar da paralización temporal das obras. Mantense igualmente un forte despregue policial. Carlos Huerga, activista da PAH, sinala en Público que "os de arriba teñen medo a que os de abaixo nos organicemos como se están organizando os veciños do Gamonal". Voz Pópuli e Diagonal analizan a figura do empresario Méndez Pozo.
Público entrevista a Pablo Iglesias sobre a candidatura cidadá para as eleccións europeas que este martes botou a andar cun manifesto e que se presentará este venres: "Propoñemos un método: que escollan os cidadáns e non as direccións dos partidos"