A consulta que o Goberno central elevou á Comisión Europea o pasado mes de xullo sobre o dique flotante de Ferrol tivo un carácter “informal”, segundo recoñece a propia institución a unha pregunta formulada polo socialista Antolín Sánchez Presedo.
Fálase
Os veciños de Gamonal manteñen as mobilizacións a pesar da paralización temporal das obras. Mantense igualmente un forte despregue policial. Carlos Huerga, activista da PAH, sinala en Público que "os de arriba teñen medo a que os de abaixo nos organicemos como se están organizando os veciños do Gamonal". Voz Pópuli e Diagonal analizan a figura do empresario Méndez Pozo.
Público entrevista a Pablo Iglesias sobre a candidatura cidadá para as eleccións europeas que este martes botou a andar cun manifesto e que se presentará este venres: "Propoñemos un método: que escollan os cidadáns e non as direccións dos partidos"
Morre aos 83 anos o poeta arxentino Juan Gelman, premio Cervantes en 2007
Detido na Ponte dos Santos o presunto asasino da súa dona e da nai desta en Cervo. Na localidade mariñá estase a organizar unha concentración contra a violencia machista.
O alcalde de Burgos anuncia a paralización das obras no barrio de Gamonal tras varios días de protestas cidadás
O correspondente francés en Madrid Mathieu de Taillac amosa como o Partido Socialista francés reuniu 120 militantes para "defender" a Hollande nas redes sociais durante o seu encontro anual coa prensa, que xa supera as tres horas.
Xa se pode ver integramente en Galiza Ano Cero a entrevista á Leil Zahra, feminista queer e anarquista do Líbano
A voceira do PP en Sanxenxo, María Deza, espétalle aos grupos da oposición que "en época de Franco pola súa maneira de falar vostedes estarían no calabozo, esperando a pena de morte". CxG vén de esixir a súa dimisión a través de Rafael Cuíña polas súas verbas "aberrantes, antidemocráticas e delitivas", pronunciadas durante o debate pola imputación da alcaldesa, acusada de prevaricación e suborno. A nova recolleuna o Diario de Arousa na súa edición impresa (premer para ampliar).
A Deputación de Lugo recibe 11 ofertas para a compra de accións do Breogán. Dentro de tres días remata o prazo de presentación de solicitudes dentro do proceso polo que a institución provincial se desfará da súa participación no club de baloncesto lucense.