Xa se pode ver integramente en Galiza Ano Cero a entrevista á Leil Zahra, feminista queer e anarquista do Líbano
Fálase
A voceira do PP en Sanxenxo, María Deza, espétalle aos grupos da oposición que "en época de Franco pola súa maneira de falar vostedes estarían no calabozo, esperando a pena de morte". CxG vén de esixir a súa dimisión a través de Rafael Cuíña polas súas verbas "aberrantes, antidemocráticas e delitivas", pronunciadas durante o debate pola imputación da alcaldesa, acusada de prevaricación e suborno. A nova recolleuna o Diario de Arousa na súa edición impresa (premer para ampliar).
A Deputación de Lugo recibe 11 ofertas para a compra de accións do Breogán. Dentro de tres días remata o prazo de presentación de solicitudes dentro do proceso polo que a institución provincial se desfará da súa participación no club de baloncesto lucense.
Os dous fillos e a nora de José Luis Méndez, ex director xeral de Caixa Galicia, utilizan dúas sociedades opacas para mover o patrimonio familiar, segundo destaca Economía Digital.
Persoal de TVE segue a estela iniciada polo da CRTVG con Eu non manipulo e elabora unha escolma de exemplos de manipulación informativa no ente público. Recólleo El Diario
O senador do PP Armando Castosa, que levaba un ano sen formular iniciativa ningunha, interveu por primeira vez catro días despois de que a súa inactividade saíse á luz neste diario. Dende ese día, o 12 de decembro, segue sen facer nada máis.
As vítimas de trata do caso Carioca denuncian desprotección absoluta. Din ter medo logo de cinco anos de investigación mentres o principal imputado saíu en liberdade hai tres meses.
A deputada do PP María Faraldo será procesada por prevaricación e falsidade documental. A ex alcaldesa de Betanzos presuntamente contratou de xeito ilegal un profesor do conservatorio que facturou máis de 7.000 euros ao Concello.
O Ministerio de Sanidade renuncia a aplicar o dobrepago en ambulancias, próteses e produtos dietéticos despois do rexeitamento amosado por catro comunidades autónomas gobernadas polo PP. Ana Maro xustifícao pola mellor situación económica.
En "Gamonal, la lucha de un barrio obrero" Hector Juanatey narra en directo os últimos acontecementos do conflito aberto neste barrio burgalés. "Estamos cansos de que nesta cidade todo dependa da corrupción urbanística", destacan os veciños.