En "Gamonal, la lucha de un barrio obrero" Hector Juanatey narra en directo os últimos acontecementos do conflito aberto neste barrio burgalés. "Estamos cansos de que nesta cidade todo dependa da corrupción urbanística", destacan os veciños.
Fálase
Un manifesto asinado por activistas de movementos sociais chama a "recuperar a soberanía popular" cunha candidatura de esquerdas para as europeas nacida dun "proceso participativo aberto á cidadanía".
O Consello de Informativos de TVE elaborou un informe que cita exemplos de informacións pouco ou nada rigorosas ofrecidas nos telediarios da televisión pública. Denuncian a ausencia de pluralidade nos conflitos ou as novas banais
A Revista Galega de Teatro edita o cómic 2132 de Roberto Vidal Bolaño, ilustrado por Diego Blanco.
A Agadic lanza o primeiro bono conxunto do teatro galego, que permitirá asistir a cinco espectáculos en Compostela cun desconto do 30%
O Goberno central deixa fóra da Casa Branca a medios como a SER, El Mundo, Catalunya Ràdio ou TV3 na visita de Mariano Rajoy a Barack Obama. Segundo detalla un xornalista de RAC1 que a está a cubrir, a elección realizouse tras "un sorteo sen transparencia"
O Ministerio de Sanidade proclama que o actual Goberno "fixo a sanidade máis universal ca nunca", obviando as exclusións dos dous últimos anos
O BCE anuncia a entrada en circulación do novo billete de 10 euros para o mes de setembro.
O Ministerio de Emprego informará por carta os maiores de 50 anos sobre a estimación da contía da súa pensión para que "tomen as súas propias decisións". Publico analiza moi criticamente a medida e sinala que busca "meter o medo no corpo" aos traballadores para fomentar os plans privados de xubilación.
Un ruxe-ruxe cada vez máis estendido polas redes comeza a falar de que Microsoft podería presentar en abril o seu novo sistema operativo Windows9, que substituiría o moi criticado Windows8