Un manifesto asinado por activistas de movementos sociais chama a "recuperar a soberanía popular" cunha candidatura de esquerdas para as europeas nacida dun "proceso participativo aberto á cidadanía".
Fálase
O Consello de Informativos de TVE elaborou un informe que cita exemplos de informacións pouco ou nada rigorosas ofrecidas nos telediarios da televisión pública. Denuncian a ausencia de pluralidade nos conflitos ou as novas banais
A Revista Galega de Teatro edita o cómic 2132 de Roberto Vidal Bolaño, ilustrado por Diego Blanco.
A Agadic lanza o primeiro bono conxunto do teatro galego, que permitirá asistir a cinco espectáculos en Compostela cun desconto do 30%
O Goberno central deixa fóra da Casa Branca a medios como a SER, El Mundo, Catalunya Ràdio ou TV3 na visita de Mariano Rajoy a Barack Obama. Segundo detalla un xornalista de RAC1 que a está a cubrir, a elección realizouse tras "un sorteo sen transparencia"
O Ministerio de Sanidade proclama que o actual Goberno "fixo a sanidade máis universal ca nunca", obviando as exclusións dos dous últimos anos
O BCE anuncia a entrada en circulación do novo billete de 10 euros para o mes de setembro.
O Ministerio de Emprego informará por carta os maiores de 50 anos sobre a estimación da contía da súa pensión para que "tomen as súas propias decisións". Publico analiza moi criticamente a medida e sinala que busca "meter o medo no corpo" aos traballadores para fomentar os plans privados de xubilación.
Un ruxe-ruxe cada vez máis estendido polas redes comeza a falar de que Microsoft podería presentar en abril o seu novo sistema operativo Windows9, que substituiría o moi criticado Windows8
Feijóo acusa o PSOE de ser "responsable político da situación que viven millóns de cidadáns sen traballo". O presidente da Xunta culpa a Zapatero de "liderar o peor goberno da democracia" e xustifica os recortes nos "precipicios" provocados polo socialismo nunha entrevista en Onda Cero.