Detido na Ponte dos Santos o presunto asasino da súa dona e da nai desta en Cervo. Na localidade mariñá estase a organizar unha concentración contra a violencia machista.
Fálase
O alcalde de Burgos anuncia a paralización das obras no barrio de Gamonal tras varios días de protestas cidadás
O correspondente francés en Madrid Mathieu de Taillac amosa como o Partido Socialista francés reuniu 120 militantes para "defender" a Hollande nas redes sociais durante o seu encontro anual coa prensa, que xa supera as tres horas.
Xa se pode ver integramente en Galiza Ano Cero a entrevista á Leil Zahra, feminista queer e anarquista do Líbano
A voceira do PP en Sanxenxo, María Deza, espétalle aos grupos da oposición que "en época de Franco pola súa maneira de falar vostedes estarían no calabozo, esperando a pena de morte". CxG vén de esixir a súa dimisión a través de Rafael Cuíña polas súas verbas "aberrantes, antidemocráticas e delitivas", pronunciadas durante o debate pola imputación da alcaldesa, acusada de prevaricación e suborno. A nova recolleuna o Diario de Arousa na súa edición impresa (premer para ampliar).
A Deputación de Lugo recibe 11 ofertas para a compra de accións do Breogán. Dentro de tres días remata o prazo de presentación de solicitudes dentro do proceso polo que a institución provincial se desfará da súa participación no club de baloncesto lucense.
Os dous fillos e a nora de José Luis Méndez, ex director xeral de Caixa Galicia, utilizan dúas sociedades opacas para mover o patrimonio familiar, segundo destaca Economía Digital.
Persoal de TVE segue a estela iniciada polo da CRTVG con Eu non manipulo e elabora unha escolma de exemplos de manipulación informativa no ente público. Recólleo El Diario
O senador do PP Armando Castosa, que levaba un ano sen formular iniciativa ningunha, interveu por primeira vez catro días despois de que a súa inactividade saíse á luz neste diario. Dende ese día, o 12 de decembro, segue sen facer nada máis.
As vítimas de trata do caso Carioca denuncian desprotección absoluta. Din ter medo logo de cinco anos de investigación mentres o principal imputado saíu en liberdade hai tres meses.