Os veciños de Gamonal manteñen as mobilizacións a pesar da paralización temporal das obras. Mantense igualmente un forte despregue policial. Carlos Huerga, activista da PAH, sinala en Público que "os de arriba teñen medo a que os de abaixo nos organicemos como se están organizando os veciños do Gamonal". Voz Pópuli e Diagonal analizan a figura do empresario Méndez Pozo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52d634c5d79f8-alcalde-burgos-paraliza-manifestantes-protesta_ediima20140114_0718_13.jpg)