Un cento de dirixentes e cargos locais do PSC asinou un manifesto de apoio aos tres deputados que votaron a favor de pedirlle autorización ao Estado para convocar a consulta soberanista
Fálase
El Diario publica os detalles da concesión das obras de Gamonal, "chea de irregularidades", e na que se escolleron os candidatos máis caros e non se respetou o anonimato das propostas. O construtor Méndez Pozo, que estivo no cárcere por corrupción, é o responsable de obra e como tal propón as ampliacións no orzamento.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG), anuncia que o seu concello deixará de pagarlle a Sogama a partir de marzo. Devolverá as facturas ao considerar que a Xunta incumpriu o contrato unilateralmente.
O Tribunal Constitucional suspende a lei antidesafiuzamentos de Andalucía, admitindo o recurso presentado polo Goberno central. A norma andaluza prevía expropiar tres anos as vivendas dos bancos para frear os desaloxos; ademais, banca e inmobiliarias estaban obrigadas a declarar cal é o seu parque de vivendas baleiras e a sacalas ao mercado do aluguer.
A RAG presenta varios textos inéditos de Rosalía de Castro, no que supón "un día grande para o rosalianismo". Alonso Montero anuncia tamén posibles próximas descubertas, como a dunha obra perdida que sería unha achádego "de aínda moita maior magnitude". Toda a información, esta tarde en Praza.
O Parlament de Catalunya aproba solicitar o traspaso de competencias para convocar referendos. A iniciativa tivo 87 votos a favor, 43 en contra e 3 abstencións. Está a contalo o diario Ara.
José Luis Méndez asesora un grupo hoteleiro ao que financiou con 35 millóns de euros desde Caixa Galicia, segundo publica Economía Digital. Trátase de Inversora de Hoteles Vacacionales, en quebra técnica e que segue participada por Novagalicia Banco.
Un novo caso de violencia de xénero en Tenerife fai que en só 4 días se producisen 7 asasinatos machistas no Estado.
#consellodaxunta O 2014 será o Ano da Parálise Cerebral en Galicia.
#consellodaxunta Feijóo asegura de que a Xunta lles pagou aos seus provedores nun prazo "por baixo de 30 días" durante o ano 2013