Unha mala tarde para os equipos galegos de 2ªB. O Lugo caeu con claridade no Anxo Carro fronte ao R.Madrid B (1-5) e o Coruxo tamén perdeu (4-2) fronte ao Marino.
Fálase
Asad demándalle "garantías" aos rebeldes para cumprir o alto o fogo previsto para o 10 de abril. Pide que a oposición afirme por escrito a súa renuncia á violencia, o que para moitos é un intento de dividir os rebeldes.
Pachi Vázquez denunciou este domingo ao mediodía que os Orzamentos do Goberno central son un "espellismo" que saben “que non se poden executar”. Son -dixo- uns orzamentos “para chegar á convocatoria electoral do mes de outubro” O líder dos socialistas galego acusou así mesmo a Feijóo de estar “ausente” e de non ser capaz de abordar os problemas de Galicia, coma os lumes. E, finalmente, pediu a dimisión de Gerardo Conde Roa.
Urkullu defendeu no Aberri Eguna que o PNV traballa "para un novo status político que xere riqueza, emprego e benestar" e contrapuxo a "construción nacional día a día" realizada polo seu partido fronte á aposta da esquerda abertzale. Batasuna, Aralar, EA e Alternatiba participaron en Pamplona nunha manifestación pola independencia. Pola súa banda, o presidente do PSE Jesús Eguiguren dixo nunha entrevista que "hai que romper xa o pacto co PP".
TVE non retira o vídeo do bispo de Alcalá da súa web. Colectivos gais e partidos políticos lamentan que se usara a televisión pública para difundir un discurso "homófobo".
Derrota do Blusens Obradoiro en Bilbao (79-71) nun partido no que os composteláns perdían de vinte puntos no primeiro cuarto e no que chegaron a poñerse por diante a cinco minutos do final.
Israel declara persoa non grata o escritor e Premio Nobel de Literatura, Günter Grass, por un poema que difundiu a semana pasada no que advertía que o Estado xudeu é unha ameaza para o mundo
O Dépor resolve o seu partido ante o Murcia en Riazor (3-1), con goles de Valerón, Ricki e Lassad, e chegará como líder destacado ao derbi do domingo que vén. O Celta B derrotou 3-1 ao Tenerife.
A partir do martes 10 xa se pode soliticar na web da axencia tributaria o borrador da declaración do IRPF.
O Aberri Eguna abre un ano clave para dirimir, entre o PNV e a esquerda abertzale, o dominio no campo nacionalista. Crónica de Isabel Martínez en El País