Facenda reduce a 126 millóns a cantidade máxima a devolver polo 'tax lease' do naval. O Ministerio remite a Bruxelas un documento no que detalla esa cantidade, á espera da análise de cada caso.
Fálase
IU pide ampliar a querela do caso Bárcenas contra Acebes, Álvarez-Cascos e quince empresarios. En El Diario
O asasinato dun cantante antifascista por parte de neonazis incendia Grecia. Milleiros de persoas saen ás rúas, onde se produciron numerosos disturbios.
Arxentina dita orde de detención internacional para catro torturadores franquistas. Rajoy terá que decidir agora se tramita a petición de extradición da xuíza María Servini de Cubría.
A xuíza da Pokémon prorroga o segredo de sumario ao facerse un ano do inicio do caso. En Faro de Vigo.
Xefes de seguridade de ADIF negan ante o xuíz que os sinais de Angrois fosen responsabilidade súa. En El País.
O sector do lixo convoca folga na Coruña para o 4 de outubro. Albada, Cespa, Sogama e Lousame apoian o paro polo conflito na recollida do lixo na cidade.
A secretaria xeral de Igualdade defende as subvencións a centros educativos que segregan nenos e nenas. En resposta á deputada Carme Adán (BNG), Susana López Abella asegura que o bipartito non lles retirou as axudas a estes colexios, aínda que si chegou a tomar a decisión.
Un economista premio Príncipe de Asturias non descarta que haxa que bombardear Cataluña. Juan Velarde cre que o poder central ten que poñerse "duro e serio" co independentismo.
Feijóo asegura que chegou á presidencia do PPdeG a través de eleccións primarias. Foi elixido nun congreso por delegados no que se votou unha lista única tras a retirada dos seus competidores, José Manuel Barreiro, Enrique López Veiga e Xosé Cuíña.