Co 90% escrutado, en Asturias, o FAC de Álvarez-Cascos tería 13 escanos e o PP 10, coa maioría absoluta ao alcance, sumando os seus deputados. PSOE (16) e IU (5) sumarían 21. UPyD entraría no Parlamento cun deputado.
Fálase
Terceira División
Dorneda 1 - Estradense 0
Cerceda 0 - Alondras 1
Lalín 0 - Rápido de Bouzas 0
Pontevedra 1 - Bergantiños 1
Betanzos 2 - Deportivo B 3
Ourense 4 - As Pontes 0
Somozas 1 - Racing de Ferrol 1
Xuventú Sanxenxo 0 - Racing Vilalbés 1
Negreira 0 - Vilalonga 1
Cultural Areas 1 - Ordes 0Resultados Segunda B: Atlético de Madrid B 1 - Coruxo 0. Celta B 1 - Montañeiros 1. O Lugo - Getafe B foi adiado polos casos de gastroenterite no equipo madrileño)
Máis de 50 mil persoas maniféstanse en Mallorca polos seus dereitos lingüísticos e polos ataques ao catalán por parte do goberno balear baixo o lema Sí a la nostra llengua
Unha enquisa de Canal Sur á saída dos colexios dálle entre 52 e 55 deputados ao PP, 45-48 ao PSOE e 8-10 a IU. A maioría absoluta está en 55.
Moi baixa participación nas eleccións en Asturias e Andalucía. Ás seis da tarde só votara o 47,12% dos andaluces, doce puntos menos que hai catro anos. En Asturias a abstención crece oito puntos e medio con respecto ao ano pasado: ás seis votara o 42,7%.
O boletín da CIG-Autonómica de marzo lembra o pasado sindicalista de Alberto Núñez Feijoo, delegado de AFICA (Agrupación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos) e salienta "Acude á folga xeral o 29M, Feijoo tamén iría". Descarga aquí a edición especial do boletín.
Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso, animou hoxe a participar na folga xeral do próximo día 29 “porque temos que parar esta nefasta reforma laboral e as políticas antisociais do PP”
O escritor italiano Antonio Tabucchi morre en Lisboa aos 68 anos. O autor de Afirma Pereira sufría un cancro.
Dispárase a abstención en Andalucía e Asturias. Ás dúas da tarde a participación en Andalucía é do 29,28%, case dez puntos menos que nas eleccións de 2008. Es Asturias, a situación é semellante, ás dúas votara o 26,63% del censo, case oito puntos e medio menos que en maio de 2011.