O FMI prevé que España non reducirá o déficit ao 3% até 2017.O organismo mellorou a súa previsión de déficit para o Estado en 2012 e 2013 até o 6% e o 5,7%,
Fálase
CIG-Ensino calcula que os recortes no ensino suporían a 2.000 profesores interinos e substitutos menos. O sindicato advirte ao Goberno que non quedarán "paralizados" se se consuman as medidas anunciadas polo Ministerio de Educación.
O Defensor do Paciente pide que os doentes que sofren enfermidades da cadeira teñan "as mesmas oportunidades" que o rei. En 20 Minutos
España volverá crecer en 2013. Segundo o FMI, a economía española contraerase un 1,8% en 2012, pero volverá ao crecemento positivo en 2013 cun 0,1%.
Tensión no Parlamento; o deputado socialista José Manuel Lage (@jmlage) tramita 166 preguntas para coñecer o gasto en combustible de diversos vehículos oficiais do Goberno. O director xeral de Relacións Institucionais acúsao de buscar "publicidade" e recoméndalle "altura de miras". Máis información, esta tarde en Praza.
#YPF Bruxelas suspende unha reunión con Arxentina en resposta á nacionalización de YPF. A Comisión Europea considera "ilegal" a expropiación e anuncia que xa estuda "todas as opcións posibles" de represalia contra a decisión.
Economistas Frente a la Crisis pretende constituírse como asociación. Esta iniciativa dun grupo de economistas, que naceu como resposta á política económica do Goberno español, pide apoio para conformarse como asociación ante o éxito mediático e de afiliación das súas propostas e manifestos.
Ángel Currás xa é alcalde de Santiago, en substitución de Gerardo Conde Roa. Toda a información, hoxe en Praza.
Sindicalistas da CIG crean unha nova corrente denominada Galiza Obreira. Presentarase o xoves en Vigo coa intención de "contrarrestar a tendencia de establecer un grupo hexemónico de poder".
O Tesouro Público logra colocar 3.178 millóns de euros en letras a 12 e 18 meses, coa prima de risco por riba dos 430 puntos básicos, aínda que a tipos medios de interese máis altos, segundo asegura o Banco de España.