Lea nas redes sociais e cruce de declaracións entre o alcalde do Grove e a alcaldesa de Sanxenxo por mor da pugna sobre a titularidade da praia da Lanzada entre os dous concellos.
Fálase
Un grupo de catedráticos e profesores da Universidade de Vigo impugnan no xulgado o proceso para elixir reitor. Cren que aínda que só hai un candidato (Salustiano Mato), este debería reunir máis votos a favor que en contra.
Comezan as obras na illa de Toleiro en Sarria logo de que a Garda Civil desaloxase os activistas que intentan deter o proxecto de encanamento. A orde tería partido do Subdelegado do Goberno, segundo informa a Plataforma Sarriana polo Río. Imaxe de @PlatRioSarria.
Retiran a maquinaria e paralizan as obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei á espera de que Xunta e Goberno Central autoricen o uso hoteleiro do recinto.
A Policía desaloxa o centro social ocupado de Palavea na Coruña, segundo informa La Voz de Galicia. Medio cento de axentes participou nun dispositivo sen incidentes.
Rusia, expulsada do G8 pola anexión de Crimea. Os países máis industrializados apoian a firmeza dos EUA co goberno de Putin.
O Servizo Público de Emprego promociona ofertas de traballo fraudulentas. A súa web ofrece anuncios de emprego con condicións ilegais e onde se discrimina en función de sexo ou idade.
A policía desaloxa a #AcampadaDignidad logo da súa segunda noite en Sol. Os axentes comezaron a baleirar a praza a primeira hora da mañá e xa hai convocada unha manifestación para as 19.30 no mesmo lugar.
Francisco Botas asume a dirección de NCG para acelerar a transición e pechar a cúpula da entidade. Banesco espera o visto e prace da Comisión Europea para confirmar a compra.
A Garda Civil desaloxa os activistas da Plataforma Sarriana polo Río que acampaban na illa do Toleiro para impedir as obras de encanamento que tronzarían 150 árbores e destruirían boa parte do patrimonio da zona. Imaxe de @onenosaqueta.