A Policía desaloxa o centro social ocupado de Palavea na Coruña, segundo informa La Voz de Galicia. Medio cento de axentes participou nun dispositivo sen incidentes.
Fálase
Rusia, expulsada do G8 pola anexión de Crimea. Os países máis industrializados apoian a firmeza dos EUA co goberno de Putin.
O Servizo Público de Emprego promociona ofertas de traballo fraudulentas. A súa web ofrece anuncios de emprego con condicións ilegais e onde se discrimina en función de sexo ou idade.
A policía desaloxa a #AcampadaDignidad logo da súa segunda noite en Sol. Os axentes comezaron a baleirar a praza a primeira hora da mañá e xa hai convocada unha manifestación para as 19.30 no mesmo lugar.
Francisco Botas asume a dirección de NCG para acelerar a transición e pechar a cúpula da entidade. Banesco espera o visto e prace da Comisión Europea para confirmar a compra.
A Garda Civil desaloxa os activistas da Plataforma Sarriana polo Río que acampaban na illa do Toleiro para impedir as obras de encanamento que tronzarían 150 árbores e destruirían boa parte do patrimonio da zona. Imaxe de @onenosaqueta.
A Policía acusa a Resistencia Galega de liderar os disturbios do 22-M. Entre 150 e 200 simpatizantes do grupo serían os causantes dos altercados que comezaron de maneira "moi organizada" e "diferente" aos doutras manifestacións.
Galicia, entre as comunidades que menor porcentaxe do seu PIB dedican a I+D+i. Comparte con Aragón, Asturias, Cantabria, Murcia e La Rioja os últimos postos en investimento en investigación, moi lonxe da media española, moi inferior igualmente á media europea
Feijóo asegura que a "mellor homenaxe" que se lle pode facer a Adolfo Suárez e "insistir na unidade de España". Galicia, di o presidente da Xunta, serviulle ao ex xefe do Goberno de España "para entender a complexidade" do Estado "dentro da unidade da nación".
O Goberno central cre que a autoestrada do mar Vigo-Nantes podería abrirse este ano se a CE autoriza as axudas. En función da evolución da demanda, a liña podería estenderse a Le Havre e Algeciras.