Galicia, entre as comunidades que menor porcentaxe do seu PIB dedican a I+D+i. Comparte con Aragón, Asturias, Cantabria, Murcia e La Rioja os últimos postos en investimento en investigación, moi lonxe da media española, moi inferior igualmente á media europea
Fálase
Feijóo asegura que a "mellor homenaxe" que se lle pode facer a Adolfo Suárez e "insistir na unidade de España". Galicia, di o presidente da Xunta, serviulle ao ex xefe do Goberno de España "para entender a complexidade" do Estado "dentro da unidade da nación".
O Goberno central cre que a autoestrada do mar Vigo-Nantes podería abrirse este ano se a CE autoriza as axudas. En función da evolución da demanda, a liña podería estenderse a Le Havre e Algeciras.
O BNG traslada o seu pésame polo falecemento de Adolfo Suárez, quen "pasou á historia do Estado español como habelencioso político que pilotou a Transición". O Bloque coida que Suárez soubo "superar o seu pasado político e tecer os complexos equilibrios entre os aperturistas do réxime franquista" cara á "democratización". "Con ese proceso impediuse a ruptura democrática que reivindicaba o nacionalismo de esquerdas", abondan.
Ultras ucraínos recadan "doazóns" en España, onde contan cunha célula de activistas. Membros do partido neonazi Svodoba mobilízanse en Madrid, onde colaboran coa ultradereita española.
Un mozo perde un testículo por unha pelota de goma da policía nos altercados do 22M. Sufriu unha forte contunsión nun enfrontamento con axentes antidisturbios.
Os afiliados de Anova en Moaña deciden abandonar Anova polo seu rexeitamento á alianza con IU para as eleccións europeas.
A burocracia deixa sen sanidade o bebé de dous inmigrantes con papeis. A nena leva sete meses sen asistencia por malentendidos administrativos en Galicia.
A ultradereita confirma o seu avance nas eleccións municipais de Francia. A abstención do 40% castiga os socialistas e dá a vitoria parcial ao centro-dereita.
A concentración polos detidos o 22M remata con cargas no centro de Madrid.