Xoán Bascuas comeza a defensa da proposta de saída do BNG no #congresomaisgaliza homenaxeando a Carlos Aymerich, o que é recibido con aplausos. Bascuas afirma que "no BNG non é posible o asemblearismo pola existencia do centralismo democrático" e critica a sumisión do BNG á CIG e da razón fronte á aritmética. Bascuas afirma que non hai espazo dentro do BNG para o proxecto político de +G, e que "a evolución da sociedade galega fainos pensar que existe espazo para unha nova forza política". Finalmente, incide no argumento de que a existencia dunha nova forza pode recuperar para o nacionalismo moitos votos que se perderon e chama "a vencer a resignación para facer historia".
