Condenan a Rita Maestre pola protesta estudantil contra a existencia dunha capela católica na Universidade Complutense. A actual voceira do goberno de Madrid terá que pagar unha multa polo que o tribunal considera un delito contra os sentimentos relixiosos.
Fálase
Carracedo: "A pseudociencia triunfa por unha mala divulgación científica". O catedrático da USC avoga polo traballo conxunto entre xornalistas e científicos na presentación do premio Contar a ciencia, que organizan GCiencia e La Caixa
A bandeira da UE ondeará a media hasta no Pazo de Raxoi durante un mes polo trato ás persoas refuxiadas. Foi un dos acordos unánimes do pleno do Concello de Santiago celebrado este xoves, co que a capital galega se une aos concellos que acordaron xestos simbólicos neste ámbito.
Tres agrupacións galegas desfilan en Nova York no marco do San Patricio. Recolleuno a TVG
Todos os grupos do Congreso agás o PP aproban a proposta de En Marea para coñecer se o parque de drons de Rozas terá usos militares.
Máis do 90% dos abortos practicados en Galicia foron realizados en centros privados. Faro de Vigo recolle os datos.
A UE mantén a súa intención de expulsar as persoas refuxiadas cara a Turquía, pero "individualmente". O cumio continúa este venres coa incógnita da redacción final do acordo.
DOCUMENTO Beiras pídelle amparo á Valedora do Pobo pola súa expulsión do pleno do Parlamento, que o presidente da Camára formalizou este xoves. A expulsión produciuse no remate do debate sobre o rescate do hospital de Vigo.
Pedro Sánchez pídelle a Tsipras que interceda ante Pablo Iglesias para que Podemos desbloquee a súa investidura.
A Xunta aproba o regulamento que permitirá abrir máis casinos en Galicia. Para autorizalos o Goberno mudou a lei en 2015, abrindo a porta a que o 'Casino de La Toja' abra unha nova sala de xogo en Vigo.