O TSXG acorda, a instancias do xulgado de instrución número 3 de Lugo, incoar sumario contra o deputado do PSdeG José Ramón Val por se "puidese" ter cometido un delito de tráfico de influencias. Os socialistas xa avanzaran en marzo que lle pedirán a dimisión se lle abren xuízo oral no caso das presuntas retiradas irregulares de multas.
Fálase
O Concello de Santiago convoca a prensa ás 18:00 desta tarde para presentar "os membros do novo goberno" municipal.
A última enquisa de Celeste-Tel, publicada por El Diario, confirma o ascenso de Podemos, que se convertiría en terceira forza política nunhas eleccións xerais, cun 14% dos votos. O PP quedaría a 35 escanos da maioría absoluta. A terceira parte dos votos de Podemos procede do PSOE.
Juan Viaño tomará posesión como reitor da Universidade de Santiago este luns 9 a partir das 12 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, nun acto que presidirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible lanzaron a campaña Cousa de Raíces. A campaña, impulsada por ADEGA, busca recuperar o valor do bosque como recurso cultural, económico e ambiental.
Cadernos de Comunicación, o xornal electrónico centrado na información sobre a diáspora galega, deixa a súa actividade despois de catro anos
Iolanda Veloso informa de que non será candidata do BNG en Vigo nas eleccións municipais do vindeiro ano por "unha cuestión persoal"
Podemos sería terceira forza política no Congreso dos Deputados, segundo unha enquisa que vén de publicar El Periódico de Catalunya. O PP perdería uns 60 escanos e o PSOE, uns 20.
Militantes do BNG da Coruña renomean simbolicamente o buque da Armada Juan Carlos I como Santa Liberdade II, en lembranza da acción de antifascistas galegos e portugueses en 1961 e como reivindicación dunha República galega.
Entidades catalás organizan castells por toda Europa para reivindicar o dereito de autodeterminación baixo o lema #HumanTowersForDemocracy. Cóntao o xornal Ara.