O PP volve votar en contra de que se inclúa na orde do día do pleno do Parlamento a comisión de investigación sobre as caixas. A votación produciuse a iniciativa do PSdeG ao inicio da sesión extraordinaria que se celebra esta mañá na Cámara. Feijóo asegurou que a comisión se constituiría en xullo.
Fálase
O paro baixa en xuño en 98.853 persoas no conxunto do Estado, un bo dato que deixa a cifra total de rexistrados nas oficinas de emprego en 4.615.269. É o mellor dato en xuño dende 1996. En Galicia, o paro descende en 7.405 persoas, até un total de 269.203 desempregados.
Paul Krugman, nunha entrevista que publican os xornais do Grupo Zeta, alerta de que "hai un 40% de opcións de que o euro rompa" e afirma que o gran problema de España é "a falta de competitividade despois do estoupido da burbulla inmobiliaria".
Os deputados cataláns de PP e PSOE piden que unha parte das primas que reciban os xogadores da selección española se destinen a fins sociais. Mentres, ICV rexistrou unha proposición non de lei para que estes cartos tributen en España ao 100%
O CERN convoca unha rolda de prensa este mércores para anunciar novidades sobre o bosón de Higgs. Os expertos cren que se comunicará un resultado que se achega moito á confirmación da existencia do bosón pero que non se confirmará ao 100%. Porén, outras voces van máis alá e prevén o anuncio definitivo.
El Blog Salmón entrevista a Ignacio Escolar sobre eldiario.es, o novo xornal dixital que nacerá en setembro: "Me produce cierta urticaria esta cosa del emprendedor"
Os lumes en Valencia levan queimadas case 50 mil hectáreas, segundo datos oficiais. Os submarinistas buscan o corpo do piloto accidentado esta tarde. A NASA distribuíu estas imaxes das columnas de fume do pasado sábado.
A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa repulsa pola sentenza de cárcere contra dous sindicalistas desta central sindical e outro máis de CCOO "pola súa particiación na folga de comercio de alimentación en 2009"
O pleno extraordinario do Parlamento debate mañá unha iniciativa do PP para reformar o Regulamento da Cámara e permitir artellar un sistema de voto que permita participar nas sesións ás mulleres de baixa por maternidade. Tamén se iniciará o trámite da reforma da Lei do Valedor.
Os xuíces do Supremo protestan por quedar sen coche oficial. En La Información.