Os lumes en Valencia levan queimadas case 50 mil hectáreas, segundo datos oficiais. Os submarinistas buscan o corpo do piloto accidentado esta tarde. A NASA distribuíu estas imaxes das columnas de fume do pasado sábado.
Fálase
A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa repulsa pola sentenza de cárcere contra dous sindicalistas desta central sindical e outro máis de CCOO "pola súa particiación na folga de comercio de alimentación en 2009"
O pleno extraordinario do Parlamento debate mañá unha iniciativa do PP para reformar o Regulamento da Cámara e permitir artellar un sistema de voto que permita participar nas sesións ás mulleres de baixa por maternidade. Tamén se iniciará o trámite da reforma da Lei do Valedor.
Os xuíces do Supremo protestan por quedar sen coche oficial. En La Información.
Esnáfranse dous helicópteros durante a extinción dos incendios na Comunitat Valenciana. Cóntao RTVE.
A Coordinadora de Informática da CGT valora as mobilizacións de profesionais da informática que tiveron lugar esta fin de semana como "un comezo" e chama a "saír do Twitter, saír do Facebook e tomar a rúa"
Ducias de persoas participaron en senllas slutwalks organizadas en Porto e Lisboa como protesta contra a violencia sexual.
Holanda e Finlandia marcan os límites á compra de bonos españois e italianos. Os dous países bloquearán que oMecanismo Europeo de Estabilidade merque débeda soberana no mercado secundario se os países que reclamen a axuda non cumpren unha serie de condicións.
O Goberno alemán retira de Madrid unha placa nazi que o Concello da cidade defendía manter. Cóntao El País.
CIG-Ensino convoca unha nova concentración contra a eliminación do contrato de verán para o profesorado substituto. Será o mércores 4 ás once da mañá en San Caetano.