CIG-Ensino convoca unha nova concentración contra a eliminación do contrato de verán para o profesorado substituto. Será o mércores 4 ás once da mañá en San Caetano.
Fálase
O presidente da Xunta insistiu esta mañá en que o cambio de Goberno en México "non terá repercusión" na construción en Galicia de barcos da petroleira estatal mexicana. O candidato do BNG, Francisco Jorquera, insiste na necesidade de que o Executivo faga público o documento asinado con Pemex.
Nais, pais, alumnos e veciños de Carballeda de Avia iniciarán un peche no CEIP, esta tarde a partir das cinco, como protesta contra os recortes anunciados, que reduciran de sete a catro os mestres do centro.
A Comunitat Valenciana dille á Xunta que xa non precisa os medios aéreos que se ían desprazar dende Galicia para colaborar na extinción dos incendios porque a situación experimentou unha "sensible mellora".
O xornal La Información resume as subas de tarifas, tributos e prezos que entraron en vigor o 1 de xullo ou que están a piques de poñerse en marcha: O tarifazo que vén
A Xunta confirmou a pasada noite que, tras unha conversa de Feijóo con Alberto Fabra, medios do Goberno galego se desprazaron a colaborar na extinción dos incendios que lle afectan á Comunitat Valenciana.
Este luns preséntase en Vigo a tradución ao galego de Carné de Identidade, de Mahmud Darwix. Será ás sete da tarde na Alameda.
Xapón reactiva dúas centrais nucleares e remata o seu parón atómico. O goberno nipón decidira desconectar e revisar todos os reactores do país logo do accidente de Fukushima.
SOS Sanidade Pública convoca este luns unha concentración diante da sede do SERGAS na Coruña. Será ás 12 horas na rúa Durán Loriga
A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa. Os técnicos alertaron en 2010 do “deterioro” que causaría o obra, pero o Goberno galego non incluíu ese documento no expediente ambiental que lle enviou ao Ministerio de Medio Ambiente