Xapón reactiva dúas centrais nucleares e remata o seu parón atómico. O goberno nipón decidira desconectar e revisar todos os reactores do país logo do accidente de Fukushima.
Fálase
SOS Sanidade Pública convoca este luns unha concentración diante da sede do SERGAS na Coruña. Será ás 12 horas na rúa Durán Loriga
A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa. Os técnicos alertaron en 2010 do “deterioro” que causaría o obra, pero o Goberno galego non incluíu ese documento no expediente ambiental que lle enviou ao Ministerio de Medio Ambiente
O PRD arrasa, iso si, na capital do país. En México DF Miguel Ángel Mancera superou a súa competidora do PRI por corenta puntos de diferenza, segundo as primeiras sondaxes.
O PRI regresa ao poder en México. O seu candidato, Enrique Peña Nieto, gaña as eleccións cun 37-38% dos votos, fronte ao 31% de López Obrador, candidato do PRD, segundo as primeiras estimacións, aínda non definitivas.
A selección española gaña a Eurocopa logo de vencer a Italia (4-0). Silva, Jordi Alba, Torres e Mata marcaron os goles.
Un bombeiro carga en Canal 9 contra a falta de medios na prevención contra o lume, que arrasou xa 50.000 hectáreas na Comunitat Valenciana.
Mariano Rajoy e Mario Monti, que asisten á final da Eurocopa, envían unha carta conxunta ao presidente ucraíno posicionándose sobre o caso Timoshenko. Cargos institucionais de numerosos países e da UE negáronse a asistir aos partidos da Eurocopa en protesta polo encausamento da ex primeira ministra.
Os graves incendios forestais declarados na Comunitat Valenciana avanzan sen control e levan queimadas xa 50.000 hectáreas, ameazando a serra da Calderona. Imaxe de @bioamara.
O blog Carta Xeométrica fai un repaso dos artigos sobre lingua galega publicados no mes de xuño nos medios que empregan a lingua propia, moitos deles en Praza Pública.