Os graves incendios forestais declarados na Comunitat Valenciana avanzan sen control e levan queimadas xa 50.000 hectáreas, ameazando a serra da Calderona. Imaxe de @bioamara.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4ff07b8b1df28-awtnnppceaadtec.jpg)
Os graves incendios forestais declarados na Comunitat Valenciana avanzan sen control e levan queimadas xa 50.000 hectáreas, ameazando a serra da Calderona. Imaxe de @bioamara.
O blog Carta Xeométrica fai un repaso dos artigos sobre lingua galega publicados no mes de xuño nos medios que empregan a lingua propia, moitos deles en Praza Pública.
Seaga advirte dun "verán de conflitividade laboral" contra a "privatización" da extinción de incendios. Así o advertiu Paulo Rubido, secretario xeral da Federación de Servizos da CIG, ante o comezo da época de máximo risco de lumes forestais.
Case 80 millóns de mexicanos están chamados este domingo ás urnas. Os colexios están abertos desde as 15 horas (8 da mañá no país azteca) nuns comicios que poderían supor a volta ao poder do PRI. Os resultados das primeiras sondaxes coñeceranse arredor das 3 da madrugada (20 horas).
Carteis coma este do BNG da Coruña piden ao Concello que lle retire o ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, o título de fillo predilecto da cidade. Imaxe de @joseluespi87
De Guindos agoira que a economía española caerá na segunda parte de 2012 malia as reformas do Executivo. O ministro de Economía fala de "crecemento negativo" logo dun "crecemento plano" no primeiro semestre nun acto no que estivo apoiado por Aznar.
Milleiros de persoas maniféstanse coa CIG en todas as cidades de Galicia contra o rescate bancario e para deter "o saqueo á clase traballadora". Na imaxe, a mobilización de Vigo. Máis info, esta tarde en Praza.
A luz sobe este domingo un 3,95%, o gas natural un 2,26% e o butano un 5,92%. O incremento na tarifa eléctrica chega logo de que o Goberno decidise conxelar as peaxes eléctricas, que recollen os custos regulados do sistema.
Hoxe entra en vigor o novo copago de medicamentos, malia o rexeitamento de varias comunidades autónomas, como Andalucía, Catalunya ou Euskadi.
A CIG maniféstase este domingo en toda Galicia contra o rescate bancario. Todas as marchas comezan ás 12 do mediodía. (Na Coruña, na Praza de Vigo; en Santiago, desde a Praza Roxa; en Lugo, desde a Ronda da Muralla; en Ourense, no pavillón dos Remedios, en Pontevedra, na Praza da Ferrería; en Vigo, no cruce da Doblada; en Vilagarcía, na Casa do Mar; e na Estrada, na Praza do Concello).