Milleiros de persoas maniféstanse coa CIG en todas as cidades de Galicia contra o rescate bancario e para deter "o saqueo á clase traballadora". Na imaxe, a mobilización de Vigo. Máis info, esta tarde en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4ff02d66cf76c-552446_415168031869302_342124306_n.jpg)
Milleiros de persoas maniféstanse coa CIG en todas as cidades de Galicia contra o rescate bancario e para deter "o saqueo á clase traballadora". Na imaxe, a mobilización de Vigo. Máis info, esta tarde en Praza.
A luz sobe este domingo un 3,95%, o gas natural un 2,26% e o butano un 5,92%. O incremento na tarifa eléctrica chega logo de que o Goberno decidise conxelar as peaxes eléctricas, que recollen os custos regulados do sistema.
Hoxe entra en vigor o novo copago de medicamentos, malia o rexeitamento de varias comunidades autónomas, como Andalucía, Catalunya ou Euskadi.
A CIG maniféstase este domingo en toda Galicia contra o rescate bancario. Todas as marchas comezan ás 12 do mediodía. (Na Coruña, na Praza de Vigo; en Santiago, desde a Praza Roxa; en Lugo, desde a Ronda da Muralla; en Ourense, no pavillón dos Remedios, en Pontevedra, na Praza da Ferrería; en Vigo, no cruce da Doblada; en Vilagarcía, na Casa do Mar; e na Estrada, na Praza do Concello).
A traiñeira galega de Tirán, segunda na primeira regata da tempada da Liga ACT en Zierbana. Hondarribia levouse a bandeira. Na liga galega, Chapela gaña en Sanxenxo.
Europa renegociará o rescate de Grecia para evitar "unha crise humanitaria". O presidente do Eurogrupo, Jean-Claude Juncker, asegura que se negociarán outra vez co novo Goberno heleno as medidas de austeridade que implican o segundo plan de rescate.
O PPdeG abre a porta a expulsar o alcalde de Portas se "efectivamente" recoñeceu a fraude fiscal.
A Xunta di agora que fará "todo o posible" para que non se repitan irregularidades na Fundación Cela e asegura que buscará a súa profesionalización.
Helena Gómez, elixida nova presidenta da Federación Provincial de ANPAs da Coruña co 71% do apoio. A nova responsable encabeza unha candidatura renovadora.
O novo director de informativos da TVE, Julio Somoano, presentou hai sete anos a súa tese doutoral, Estrategia de comunicación para el triunfo del Partido Popular en las próximas elecciones generales, na que aconsellaba o PP "influír" na televisión pública.