A Xunta di agora que fará "todo o posible" para que non se repitan irregularidades na Fundación Cela e asegura que buscará a súa profesionalización.
Fálase
Helena Gómez, elixida nova presidenta da Federación Provincial de ANPAs da Coruña co 71% do apoio. A nova responsable encabeza unha candidatura renovadora.
O novo director de informativos da TVE, Julio Somoano, presentou hai sete anos a súa tese doutoral, Estrategia de comunicación para el triunfo del Partido Popular en las próximas elecciones generales, na que aconsellaba o PP "influír" na televisión pública.
A eurodeputada nacionalista Ana Miranda advirte do impacto medioambiental da futura mina a ceo aberto de Corcoesto e lembra que usará cianuro, que é desaconsellado polo Parlamento Europeo.
O deputado Guillermo Meijón é o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE local de Pontevedra. A súa candidatura obtivo o 60% de votos no congreso, onde a de José Manuel Valcarcel acadou o 40%.
Sanidade publica na súa web a listaxe de medicamentos que serán excluídos de prestación a partir do vindeiro 1 de agosto. Entre eles inclúense menciñas tan comúns como Almax, Voltaren ou Mucosan.
Alemaña aproba o pacto fiscal e o novo fondo de rescate permanente, que entrará en vigor en xullo. O Parlamento xermano deu o seu visto e prace.
Rajoy coida que a súa "obriga" é estar na final da Eurocopa malia ao veto da UE cara ao goberno ucraíno. En Público.es
A ex deputada do PP Soledad Becerril, nova Defensora del Pueblo en virtude do acordo acadado por populares e socialistas
O Ibex dispárase un 5,6%, a súa maior subida en dous anos, e recupera os 7.100 puntos.