Sanidade publica na súa web a listaxe de medicamentos que serán excluídos de prestación a partir do vindeiro 1 de agosto. Entre eles inclúense menciñas tan comúns como Almax, Voltaren ou Mucosan.
Fálase
Alemaña aproba o pacto fiscal e o novo fondo de rescate permanente, que entrará en vigor en xullo. O Parlamento xermano deu o seu visto e prace.
Rajoy coida que a súa "obriga" é estar na final da Eurocopa malia ao veto da UE cara ao goberno ucraíno. En Público.es
A ex deputada do PP Soledad Becerril, nova Defensora del Pueblo en virtude do acordo acadado por populares e socialistas
O Ibex dispárase un 5,6%, a súa maior subida en dous anos, e recupera os 7.100 puntos.
Os universitarios con bolsa económica que non aproben o 50% das materias terán que devolver os cartos da axuda, segundo vén de anunciar p ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert.
Esixen o reestablecemento do contrato de verán para os profesores substitutos. A CIG-Ensino convocou hoxe a unha manifestación na que se pediu a retirada do acordo que suspende o dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto.
#consellodaxunta O presidente da Xunta comeza a concretar a súa viaxe a Sudamérica a "mediados" de xullo. Desprazarase a Uruguai, Brasil e, "probablemente", tamén a Colombia
#consellodaxunta. Feijóo defende o novo copagamento farmacéutico e o sistema co que se aplicará en Galicia, que permitirá que os pensionistas non acheguen máis de 8 ou 18 euros, en función da renda. "Veremos se hai outra comunidade que o faga", reta o presidente da Xunta.
#consellodaxunta Feijóo sinala que as reservas hidráulicas galegas son "tranquilizadoras" a curto e medio prazo. A cunca Miño-Sil está nos mesmos niveis medios que nos últimos cinco anos. Os encoros de abastecemento están ao 95,97%, máis do habitual nestas datas.