A ex deputada do PP Soledad Becerril, nova Defensora del Pueblo en virtude do acordo acadado por populares e socialistas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fedd257453fd-becerril-644x362.jpg)
A ex deputada do PP Soledad Becerril, nova Defensora del Pueblo en virtude do acordo acadado por populares e socialistas
O Ibex dispárase un 5,6%, a súa maior subida en dous anos, e recupera os 7.100 puntos.
Os universitarios con bolsa económica que non aproben o 50% das materias terán que devolver os cartos da axuda, segundo vén de anunciar p ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert.
Esixen o reestablecemento do contrato de verán para os profesores substitutos. A CIG-Ensino convocou hoxe a unha manifestación na que se pediu a retirada do acordo que suspende o dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto.
#consellodaxunta O presidente da Xunta comeza a concretar a súa viaxe a Sudamérica a "mediados" de xullo. Desprazarase a Uruguai, Brasil e, "probablemente", tamén a Colombia
#consellodaxunta. Feijóo defende o novo copagamento farmacéutico e o sistema co que se aplicará en Galicia, que permitirá que os pensionistas non acheguen máis de 8 ou 18 euros, en función da renda. "Veremos se hai outra comunidade que o faga", reta o presidente da Xunta.
#consellodaxunta Feijóo sinala que as reservas hidráulicas galegas son "tranquilizadoras" a curto e medio prazo. A cunca Miño-Sil está nos mesmos niveis medios que nos últimos cinco anos. Os encoros de abastecemento están ao 95,97%, máis do habitual nestas datas.
#consellodaxunta Feijóo asegura que os cartos recadados co novo copagamento farmacéutico se destinarán a mellorar a sanidade. Asegura que a Xunta impulsará quince centros de saúde e a amplicación do hospital do Salnés "con orzamento corrente" e non pola vía público-privada.
Julio Somoano, presentador do informativo de noite de Telemadrid, é o novo director de Informativos de TVE en substitución de Fran Llorente. O novo responsable defendeu hai un ano o uso dos topónimos deturpados nos medios de comunicación. "La Coruña es La Coruña", aseguraba nesta entrevista.
Merkel advirte: "Non haberá prestación ningunha sen contraprestación". A chanceler alemá, logo de que se abrise a porta para recapitalizar a banca directamente, asegura que o acordo mantén "a condicionalidade e o control".