Julio Somoano, presentador do informativo de noite de Telemadrid, é o novo director de Informativos de TVE en substitución de Fran Llorente. O novo responsable defendeu hai un ano o uso dos topónimos deturpados nos medios de comunicación. "La Coruña es La Coruña", aseguraba nesta entrevista.
Fálase
Merkel advirte: "Non haberá prestación ningunha sen contraprestación". A chanceler alemá, logo de que se abrise a porta para recapitalizar a banca directamente, asegura que o acordo mantén "a condicionalidade e o control".
A luz subirá a partir do domingo un 4%, mentres que o gas natural farao un 2,3%.
A Eurozona abriu esta noite a porta á axuda directa á banca, sen pasar polos Estados. Isto acontecería cando o Banco Central Europeo sexa o supervisor único das entidades financeiras. En El País.
A zona euro pacta que o fondo de rescate compre débeda española e que se poida rescatar a banca de forma directa cando haxa unha unión financeira. A noticia leva a euforia á Bolsa, o Ibex dispárase o 4% e a prima de risco baixa a 480 puntos.
O diario Ara inicia unha campaña a prol da inmersión lingüística en catalán nas escolas coa distribución de camisolas entre os seus lectores e lectoras.
A práctica totalidade dos diarios impresos do Estado abren este venres as súas edicións falando dun clima de máxima tensión e prensión sobre España e Italia no marco do Consello Europeo, e do bloqueo de Rajoy e Monti á procura dunha solución para a débeda
PP e PSOE negocian un acuerdo que lle devolva os cartos aos afectados pola estafa das preferentes. Porén, segundo Economía Digital, a Unión Europea obstaculizará calquera medida que implique o uso de fondos públicos
Esta tarde preséntase na Coruña o plan de viabilidade do Proxecto Cárcere, como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas.