Esta tarde preséntase na Coruña o plan de viabilidade do Proxecto Cárcere, como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas.
Fálase
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, defende a creación dunha axencia independente que promova a acción cultural exterior de Galicia. Villares participou no Pleno do Consello de Comunidades Galegas.
O Valedor do Pobo dálle a razón á A.C. Almuinha na reclamación que efectuou contra o Concello de Marín, esixíndolle que cumprise coa súa obriga de informar sobre as convocatorias públicas de subvencións para asociacións culturais
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos avala a reforma sanitaria impulsada polo presidente do país, Barack Obama, que inclúe o seguro médico obrigatorio. En RTVE.
A CIG marcha en Ferrol contra a crise do naval na comarca. Unhas 2.000 persoas manifestáronse en diversos puntos da bisbarra nunha xornada de paro de seis horas convocado pola central nacionalista.
Máis de 70 mil persoas asinaron xa unha petición online para que os xogadores da selección española de fútbol entreguen a fins sociais os cartos das primas gañadas ao longo da Eurocopa. A prima podería chegar a 300 mil euros por xogador, no caso de gañar a final do domingo.
Turquía desprega tropas na fronteira con Siria nun día no que aumenta a tensión do país, coa explosión de dúas potentes bombas no centro de Damasco
O BNG da Coruña reclama a retirada do título de fillo predilecto a José Luis Méndez, ex director de Caixa Galicia, pola súa "pésima xestión da entidade, a comercialización de produtos financeiros complexos como as preferentes, a súa conduta desde o ano 2007 ou o cobro dun plan de pensións e indemnizacións multimillonarias".
Os líderes europeos pedirán a España que suba o IVE, elimine a dedución por vivenda e atrase a idade de xubilación. Farano no cumio que comeza este xoves e que esixirá ao Estado medidas para corrixir os seus desequilibrios económicos.
O BNG reivindica a "soberanía" para Galicia fronte á crise na conmemoración do aniversario do Estatuto do 36. Máis información, esta mañá en Praza.