A zona euro pacta que o fondo de rescate compre débeda española e que se poida rescatar a banca de forma directa cando haxa unha unión financeira. A noticia leva a euforia á Bolsa, o Ibex dispárase o 4% e a prima de risco baixa a 480 puntos.
Fálase
O diario Ara inicia unha campaña a prol da inmersión lingüística en catalán nas escolas coa distribución de camisolas entre os seus lectores e lectoras.
A práctica totalidade dos diarios impresos do Estado abren este venres as súas edicións falando dun clima de máxima tensión e prensión sobre España e Italia no marco do Consello Europeo, e do bloqueo de Rajoy e Monti á procura dunha solución para a débeda
PP e PSOE negocian un acuerdo que lle devolva os cartos aos afectados pola estafa das preferentes. Porén, segundo Economía Digital, a Unión Europea obstaculizará calquera medida que implique o uso de fondos públicos
Esta tarde preséntase na Coruña o plan de viabilidade do Proxecto Cárcere, como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas.
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, defende a creación dunha axencia independente que promova a acción cultural exterior de Galicia. Villares participou no Pleno do Consello de Comunidades Galegas.
O Valedor do Pobo dálle a razón á A.C. Almuinha na reclamación que efectuou contra o Concello de Marín, esixíndolle que cumprise coa súa obriga de informar sobre as convocatorias públicas de subvencións para asociacións culturais
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos avala a reforma sanitaria impulsada polo presidente do país, Barack Obama, que inclúe o seguro médico obrigatorio. En RTVE.
A CIG marcha en Ferrol contra a crise do naval na comarca. Unhas 2.000 persoas manifestáronse en diversos puntos da bisbarra nunha xornada de paro de seis horas convocado pola central nacionalista.