A eurodeputada nacionalista Ana Miranda advirte do impacto medioambiental da futura mina a ceo aberto de Corcoesto e lembra que usará cianuro, que é desaconsellado polo Parlamento Europeo.
Fálase
O deputado Guillermo Meijón é o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE local de Pontevedra. A súa candidatura obtivo o 60% de votos no congreso, onde a de José Manuel Valcarcel acadou o 40%.
Sanidade publica na súa web a listaxe de medicamentos que serán excluídos de prestación a partir do vindeiro 1 de agosto. Entre eles inclúense menciñas tan comúns como Almax, Voltaren ou Mucosan.
Alemaña aproba o pacto fiscal e o novo fondo de rescate permanente, que entrará en vigor en xullo. O Parlamento xermano deu o seu visto e prace.
Rajoy coida que a súa "obriga" é estar na final da Eurocopa malia ao veto da UE cara ao goberno ucraíno. En Público.es
A ex deputada do PP Soledad Becerril, nova Defensora del Pueblo en virtude do acordo acadado por populares e socialistas
O Ibex dispárase un 5,6%, a súa maior subida en dous anos, e recupera os 7.100 puntos.
Os universitarios con bolsa económica que non aproben o 50% das materias terán que devolver os cartos da axuda, segundo vén de anunciar p ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert.
Esixen o reestablecemento do contrato de verán para os profesores substitutos. A CIG-Ensino convocou hoxe a unha manifestación na que se pediu a retirada do acordo que suspende o dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto.
#consellodaxunta O presidente da Xunta comeza a concretar a súa viaxe a Sudamérica a "mediados" de xullo. Desprazarase a Uruguai, Brasil e, "probablemente", tamén a Colombia