De Guindos agoira que a economía española caerá na segunda parte de 2012 malia as reformas do Executivo. O ministro de Economía fala de "crecemento negativo" logo dun "crecemento plano" no primeiro semestre nun acto no que estivo apoiado por Aznar.
Fálase
Milleiros de persoas maniféstanse coa CIG en todas as cidades de Galicia contra o rescate bancario e para deter "o saqueo á clase traballadora". Na imaxe, a mobilización de Vigo. Máis info, esta tarde en Praza.
A luz sobe este domingo un 3,95%, o gas natural un 2,26% e o butano un 5,92%. O incremento na tarifa eléctrica chega logo de que o Goberno decidise conxelar as peaxes eléctricas, que recollen os custos regulados do sistema.
Hoxe entra en vigor o novo copago de medicamentos, malia o rexeitamento de varias comunidades autónomas, como Andalucía, Catalunya ou Euskadi.
A CIG maniféstase este domingo en toda Galicia contra o rescate bancario. Todas as marchas comezan ás 12 do mediodía. (Na Coruña, na Praza de Vigo; en Santiago, desde a Praza Roxa; en Lugo, desde a Ronda da Muralla; en Ourense, no pavillón dos Remedios, en Pontevedra, na Praza da Ferrería; en Vigo, no cruce da Doblada; en Vilagarcía, na Casa do Mar; e na Estrada, na Praza do Concello).
A traiñeira galega de Tirán, segunda na primeira regata da tempada da Liga ACT en Zierbana. Hondarribia levouse a bandeira. Na liga galega, Chapela gaña en Sanxenxo.
Europa renegociará o rescate de Grecia para evitar "unha crise humanitaria". O presidente do Eurogrupo, Jean-Claude Juncker, asegura que se negociarán outra vez co novo Goberno heleno as medidas de austeridade que implican o segundo plan de rescate.
O PPdeG abre a porta a expulsar o alcalde de Portas se "efectivamente" recoñeceu a fraude fiscal.
A Xunta di agora que fará "todo o posible" para que non se repitan irregularidades na Fundación Cela e asegura que buscará a súa profesionalización.
Helena Gómez, elixida nova presidenta da Federación Provincial de ANPAs da Coruña co 71% do apoio. A nova responsable encabeza unha candidatura renovadora.