A Comunitat Valenciana dille á Xunta que xa non precisa os medios aéreos que se ían desprazar dende Galicia para colaborar na extinción dos incendios porque a situación experimentou unha "sensible mellora".
Fálase
O xornal La Información resume as subas de tarifas, tributos e prezos que entraron en vigor o 1 de xullo ou que están a piques de poñerse en marcha: O tarifazo que vén
A Xunta confirmou a pasada noite que, tras unha conversa de Feijóo con Alberto Fabra, medios do Goberno galego se desprazaron a colaborar na extinción dos incendios que lle afectan á Comunitat Valenciana.
Este luns preséntase en Vigo a tradución ao galego de Carné de Identidade, de Mahmud Darwix. Será ás sete da tarde na Alameda.
Xapón reactiva dúas centrais nucleares e remata o seu parón atómico. O goberno nipón decidira desconectar e revisar todos os reactores do país logo do accidente de Fukushima.
SOS Sanidade Pública convoca este luns unha concentración diante da sede do SERGAS na Coruña. Será ás 12 horas na rúa Durán Loriga
A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa. Os técnicos alertaron en 2010 do “deterioro” que causaría o obra, pero o Goberno galego non incluíu ese documento no expediente ambiental que lle enviou ao Ministerio de Medio Ambiente
O PRD arrasa, iso si, na capital do país. En México DF Miguel Ángel Mancera superou a súa competidora do PRI por corenta puntos de diferenza, segundo as primeiras sondaxes.
O PRI regresa ao poder en México. O seu candidato, Enrique Peña Nieto, gaña as eleccións cun 37-38% dos votos, fronte ao 31% de López Obrador, candidato do PRD, segundo as primeiras estimacións, aínda non definitivas.
A selección española gaña a Eurocopa logo de vencer a Italia (4-0). Silva, Jordi Alba, Torres e Mata marcaron os goles.