Os escoltas de Rajoy impiden, dentro do hemiciclo do Senado, que un senador do PSOE lle entregue un casco de mineiro para simbolizar as protestas dos traballadores asturianos. En El País
Fálase
O candidato do BNG á Xunta e voceiro da formación no Congreso, Francisco Jorquera, lamenta que se continúe a "sacralizar a realeza" co rexeitamento da comisión de investigación sobre a Casa Real, solicitada polo Bloque xunto a Esquerra Republicana de Catalunya e IU-ICV
Os comités de empresa de Renfe, Feve e Adif concéntranse na Coruña a prol dun "ferrocarril público e social" e contra a privatización das empresas públicas. Se así se confírmase, os sindicatos convocarán "un paro total" sen servizos mínimos.
O filme de animación O Apóstolo, dirixido polo compostelán Fernando Cortizo, competirá na Sección Oficial do Festival Internacional de Cinema de Moscú. Será a primeira película de animación que o fai, e a única fita española a concurso. O Apóstolo é primeira longametraxe europea de animación stop motion estereoscópico.
A Consellería de Industria afirma que "todos os promotores eólicos" seguen adiante co plan, malia a suspensión das primas. A Xunta asegura que o sector "non está paralizado" malia as continuas críticas da oposición e dos expertos.
A Mesa do Congreso rexeita a comisión de investigación sobre a Casa Real que solicitaran BNG, ERC e IU-ICV. Argumenta que investigar o rei e a súa familia "vai contra a Constitución". En 20 Minutos.
Dende hai varias horas circula polas redes sociais unha espectacular fotomontaxe, na que se amosa o centro da cidade da Coruña baixo a auga
O G7 manterá unha teleconferencia de urxencia para abordar a crise europea. Os problemas de España serán un tema fundamental das conversas entre os ministros de Finanzas e gobernadores dos bancos centrais de EUA, Xapón, Alemaña, Canadá, Reino Unido, Francia e Italia.
Os xogadores da selección española de fútbol non terán que pagar impostos polas primas da Eurocopa. Segundo El Confidencial, Polonia e Ucraína, sedes do torneo, decidiron suprimir os impostos para calquera membro dos equipos, o que permitirá aos futbolistas recibir a remuneración íntegra grazas ao Convenio de Dobre Imposición. Se España gaña, cada xogador cobrará 300.000 euros.
'A selecçao que se foda, estou desempregado'. Esta é unha das pancartas xurdidas en Portugal en contestación ás bandeiras penduradas para animar o seu equipo na Eurocopa. Os afeccionados amosan a súa indignación ao enterarse de que o combinado nacional será o que máis gaste en instalacións hoteleiras: 33.174 euros ao día.