O 60% dos cataláns quere participar no referendo do 1-O e o 59,9% votaría si, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para El Diario. O si acadaría o 35,6% do censo, ao redor de 2,1 millóns de persoas
Fálase
O BNG denunciará o vindeiro mércores ante a ONU o "expolio" e a "apoloxía do fascismo" que fai a familia Franco con Meirás
Unha ducia de protectoras e grupos de defensa animal rexeitan o Proxecto de lei de protección e benestar de animais de compañía impulsado en solitario polo PP. “Se se aproba, seremos cómplices do exterminio de miles de animais e consentiremos a imposición de medidas de represión sobre as persoas concienciadas, serias e altruistas que levamos toda a vida loitando para acabar con isto", din. Ademais, Libera presenta 100 mil sinaturas online contra o proxecto de lei popular
A plataforma Galiza com Catalunya convoca unha manifestación en Compostela en favor do dereito a decidir para o sábado 30 de setembro. De igual xeito este martes ás 20 horas está convocada unha concentración polo mesmo motivo no Obelisco da Coruña
O lume calcina dous edificios abandonados no centro de Vigo. Nove persoas foron desaloxadas
A Xunta solicítalle ao Parlamento a celebración do debate de política xeral nunha das sesións plenarias de outubro
Pedro Sánchez condiciona o seu apoio á posición de Rajoy a permitir "máis autogoberno para Cataluña" a partir do 2 de outubro. Varios centos de persoas participan en Madrid no acto en apoio do dereito a decidir que fora prohibido por un xuíz
O Proceso 1º de maio pechouse este sábado en Compostela coa constitución da organización política xuvenil Espiral-Mocidade Republicana Galega.
32.000 persoas maniféstanse en Bilbao en apoio á celebración do referendo catalán do 1 de outubro, co lema "Bozkatu erabakitzeko. Democracia. Catalunya, estem amb vosaltres". Na marcha houbo unha importante representación de EH Bildu e PNV.
Javier Gómez Noya, medalla de prata nas Series Mundiais de Triatlón, só por detrás do madrileño Mario Mola