A plataforma Galiza com Catalunya convoca unha manifestación en Compostela en favor do dereito a decidir para o sábado 30 de setembro. De igual xeito este martes ás 20 horas está convocada unha concentración polo mesmo motivo no Obelisco da Coruña
Fálase
O lume calcina dous edificios abandonados no centro de Vigo. Nove persoas foron desaloxadas
A Xunta solicítalle ao Parlamento a celebración do debate de política xeral nunha das sesións plenarias de outubro
Pedro Sánchez condiciona o seu apoio á posición de Rajoy a permitir "máis autogoberno para Cataluña" a partir do 2 de outubro. Varios centos de persoas participan en Madrid no acto en apoio do dereito a decidir que fora prohibido por un xuíz
O Proceso 1º de maio pechouse este sábado en Compostela coa constitución da organización política xuvenil Espiral-Mocidade Republicana Galega.
32.000 persoas maniféstanse en Bilbao en apoio á celebración do referendo catalán do 1 de outubro, co lema "Bozkatu erabakitzeko. Democracia. Catalunya, estem amb vosaltres". Na marcha houbo unha importante representación de EH Bildu e PNV.
Javier Gómez Noya, medalla de prata nas Series Mundiais de Triatlón, só por detrás do madrileño Mario Mola
Os traballadores do metal da provincia da Coruña (uns 18 mil) votarán ata o mércores se aceptan o convenio acordado, apoiado por UGT e CCOO pola "recuperación do poder adquisitivo" e rexeitado pola CIG por non eliminar a precariedade
Xulio Ferreiro, entrevistado en La Opinión: "A Xunta ten medo de que a Gran Coruña de medio millón de habitantes lle reste poder político". O rexedor destaca que "Temos un diálogo fluído e sincero co PSOE que debemos coidar porque aínda é fráxil"
O toureiro Juan José Padilla amosa unha bandeira franquista durante unha corrida celebrada en Villacarrillo (Xaén)