#RajoyenTVE Rajoy di ter "moita confianza nos galegos" e cre que Feijóo "foi un magnífico presidente". Amosáse "confiado" na vitoria do PP e di que hai "dúas opcións: unha é o PP e outra son seis ou sete partidos".
Fálase
#RajoyenTVE "O único que aseguro é que imos cumprir os compromisos de déficit do 4,5%", di Rajoy, que asegura que vai "tratar os pensionistas da mellor maneira posible". "Non cre" que se "vaia tocar" o IVE novamente e cre "probable" que se vaian impoñer "impostos verdes", os cales foron rexeitados pola Xunta.
#RajoyenTVE Rajoy asegura que "os puntos das condicións" do posible rescate "serán públicas", como no rescate bancario, no que o Goberno central só lle revelou algunhas das súas previsións á prensa estranxeira. "Se algo non tocarei son as pensións", promete.
#RajoyenTVE Rajoy non nega que España vaia pedir un rescate: "moitos españois pediron un crédito, antes un pregunta as condicións", di. "Sabemos que se o pedimos, nos poden dar o crédito", engade, nun contexto no que só resta "ver se nos convén".
Bruxelas fixará un estrito calendario de axustes se España solicita o rescate. Non se prevén condicións novas, pero si datas precisas de cumprimento e unha maior vixilancia.
Fontes de Alternativa Galega, a coalición formada por Anova e Esquerda Unida, confirman que reformularán a súa denominación a través dunha "engádega" tras sinalar a Xunta Electoral que é un nome xa rexistrado. Toda a información, esta tarde en Praza.
Esperanza Aguirre asegura que mudará "as leis que fagan falta" para que o complexo Eurovegas poida instalararse na Comunidad de Madrid. Na Cadena SER.
A secretaria xeral do PP e presidenta de Castilla-La Mancha, Dolores de Cospedal, censura a manifestación convocada para mañá en Barcelona co gallo da Diada Nacional de Catalunya. Argumenta que vai "contra a lei e a Constitución". En Público.es
Eldiario.es revela os informes que manexa o Goberno central para a elaboración definitiva da Lei de Transparencia. Informes coma estes seguirán a ser inaccesibles para a poboación en xeral cunha norma na que se obviarán boa parte das achegas cidadás.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participa este martes en Barcelona na marcha a prol da independencia de Catalunya