Bruxelas fixará un estrito calendario de axustes se España solicita o rescate. Non se prevén condicións novas, pero si datas precisas de cumprimento e unha maior vixilancia.
Fálase
Fontes de Alternativa Galega, a coalición formada por Anova e Esquerda Unida, confirman que reformularán a súa denominación a través dunha "engádega" tras sinalar a Xunta Electoral que é un nome xa rexistrado. Toda a información, esta tarde en Praza.
Esperanza Aguirre asegura que mudará "as leis que fagan falta" para que o complexo Eurovegas poida instalararse na Comunidad de Madrid. Na Cadena SER.
A secretaria xeral do PP e presidenta de Castilla-La Mancha, Dolores de Cospedal, censura a manifestación convocada para mañá en Barcelona co gallo da Diada Nacional de Catalunya. Argumenta que vai "contra a lei e a Constitución". En Público.es
Eldiario.es revela os informes que manexa o Goberno central para a elaboración definitiva da Lei de Transparencia. Informes coma estes seguirán a ser inaccesibles para a poboación en xeral cunha norma na que se obviarán boa parte das achegas cidadás.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participa este martes en Barcelona na marcha a prol da independencia de Catalunya
Unha nai lánzalle un 'tupper' a Esperanza Aguirre. Pais e profesores protestaban na apertura de curso en Madrid.
O candidato do PSdeG á Xunta viaxará mañá e pasado a Estrasburgo. Nunha visita centrada no agro e na pesca será recibido polo vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, e pola comisaria de Pesca, María Damanakis. Pachi Vázquez reunirase tamén co presidente do Parlamento europeo.
A Casa Real estrea páxina web e inclúe nela as biografías dos seus membros. Na de Iñaki Urdangarín limítase a referenciar o nome dos seus pais.
O Colexio de Xornalistas condena a agresión ao xornalista Raúl Villares. O periodista da Radio Galega foi ameazado e golpeado durante unha pelexa entre afeccionados do Racing de Ferrol e o Compostela.